martes, 7 de maio de 2024

OS MAIOS

 

Vicente Risco dicía que :A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza.



Este ano, imos a facer o noso MAIO!!!!! Para iso, necesitamos a colaboración de toda a comunidade educativa, para que traian: fiunchos, cornetas, ovos vacíos (pintados ou sen pintar), pampillos .....

A partir do luns 13 de maio ata mércores 15, ambos inluídos, estamos encantados de recibir as vosas aportacións !!!!!!!!!


Tamén nos gustaría que colaborárades con nós, facendo bandeiras de teas (recortes que teñades na casa, prendas vellas que xa non usedes,...).

Tamaño medio folio, aquí vos deixamos un exemplo:













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festa fin de curso "A casa do Rock"